viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pasa xa dos 11.000 casos activos

Galicia pasa xa dos 11.000 casos activos

Galicia conta con 11.086 casos activos, isto é, 723 máis ca onte.

Segundo a última actualización de Sanidade, arestora son 11.086 galegos e galegas os que están a pasar a enfermidade da COVID-19 na comunidade. Isto quere dicir que son 723 máis que na anterior xornada.

Todas as áreas sanitarias aumentan no número de casos activos a que máis o fai é a de Vigo ata acadar os 2.490:

Vigo: 2.490 (+171)

Ourense: 2.014 (+66)

A Coruña: 1.898 (+168)

Pontevedra: 1.879 (+82)

Santiago: 1.357 (+106)

Lugo: 1.023 (+87)

Ferrol: 425 (+43)

A presión hospitalaria aumenta en Galicia ata os 140 pacientes que precisan hospitalización por mor da COVID-19. Deles, 21 están nas UCI, un menos ca onte, mais aumenta o número de persoas que están en camas convencionais a causa do virus en 19 máis ata os 119.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES