viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaA Agrupación Gaiteira de Salceda da mañá o estourazo das Festas do...

A Agrupación Gaiteira de Salceda da mañá o estourazo das Festas do Cristo

A formación, creada especificamente para este acto, será homenaxeada polo seu décimo aniversario

Este sábado, 17 de xullo, Salceda de Caselas celebrará o tradicional “estourazo» co que se dá o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo coa Agrupación Gaiteira de Salceda como colectivo homenaxeado, sendo as persoas integrantes as encargadas de disparar o foguete.
A Agrupación Gaiteira de Salceda foi elixida polo equipo de goberno xa que leva dez anos poñendo a nota musical no “estourazo” que anuncia as Festas do Cristo. A Agrupación, creada especificamente para este acto, reúnese unha vez cada ano, xuntando gaiteiros e gaiteiras e percusionistas de Salceda de Caselas e doutros concellos como Porriño, Salvaterra de Miño, Tui, Ponteareas e mesmo Vigo, e unindo deste xeito a compoñentes de numerosos grupos tradicionais da vila e arredores.
O colectivo foi creado hai 10 anos por Tere Pérez, sendo Concelleira de Cultura, nun grande esforzo por unir aos grupos de música tradicional e conseguir crear unha gran Agrupación Gaiteira. Se algo caracteriza a esta agrupación é o xeito de unir a xente de moi diferentes niveis musicais, co único obxectivo de gozar da música tradicional, e onde ano tras ano as persoas máis experimentadas axudan ás máis novas, sempre nun ambiente cordial e de compañeirismo, e chegando a reunir ata 70 persoas nas edicións máis numerosas.
Nin sequera a COVID-19 detivo á agrupación, realizando unha presentación reducida a unhas 30 persoas no pasado ano, e que nesta edición ha volver a superar xa o medio cento de compoñentes. Para iso, son varias as semanas que levan ensaiando, sempre ao aire libre e mantendo a distancia interpersoal en distintos puntos da vila para prepararse para a gran cita anual.
O “estourazo”, que este ano celebra a súa décimo segunda edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. Con esta cita recoñécese a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais e sanitarios, e este ano tamén contará co desfile previo polas rúas da vila do colectivo homenaxeado.
Aínda que este será o segundo ano sen verbenas na Praza do Concello, dende a Concellaría de Cultura traballouse para intentar manter vivo o espírito das festas. Deste xeito, durante toda a semana celébranse actividades culturais, e tamén se mantén o tradicional estourazo e o acto dos salcedenses distinguidos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES