jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaO 30% das mulleres participantes nun plan de emprego de Aemos logra...

O 30% das mulleres participantes nun plan de emprego de Aemos logra traballo

A Asociación de Empresario de Mos consegue a inserción laboral destas mulleres vítimas de violencia de xénero, as cales, xunto co resto de compañeiras participaron de accións formativas, sesións de atención persoal e itinerarios de inserción

Insere Activa 5, así se denomina o último dos programas de emprego que a Asociación de Empresarios de Mos (Amoes) clausurará mañá sábado. Neste caso, trátase dunha acción moi específica xa que está dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero polo que ademais da consecución final de mellorar a súa empregabilidade coa consecución dun posto de traballo, a corto, medio ou longo prazo, traballáronse aspectos como a autoestima e a autonomía persoal, entendendo o emprego como un medio de recuperación e reincorporación á vida activa. Persoas con afán de superar situacións difíciles das que aínda padecen as súas consecuencias e que requiren unha atención continua, especializada e integral.

O resultado final resumido en cifras é que, a día de hoxe, 10 das 34 mulleres atópanse traballando. “Desde Aemos fomentamos a participación activa de cada unha das 34 mulleres participantes, a sensación de pertenza do grupo na mellora continua de habilidades e técnicas de procura de emprego. A súa inserción no mercado laboral favorece o seu progreso laboral e, en consecuencia, a súa realización persoal”, explica Francisco Domínguez, xerente de Aemos.
A que se clausura este sábado, cun acto ás 12.30 horas no Pazo de Mos ao que acudirán a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a alcaldesa Nidia Arévalo, así como representantes de entidades empresariais, é xa a quinta edición consecutiva deste proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, e precisamente nisto se fai fincapé desde Aemos, “o bo deste programa é a súa continuidade, o que favorece unha atención sistémica e global no tempo, podendo lograr avances e éxitos a medio e longo prazo, pois na maior parte dos casos os primeiros avances acádanse en dous ou tres anos”.

Compromiso do tecido empresarial

O colectivo ao que va dirixido Insere Activa require unha atención especializada, intervención global e sistémica centrado en ámbitos como a mellora da empregabilidade, a autonomía e a autoestima das persoas participantes, todo elo baixo o amparo e o compromiso do tecido empresarial asociado no seu desenvolvemento. “O alto grado de compromiso e implicación do tecido produtivo nas accións implementadas no programa foi unha constante en crecemento ao longo das distintas edicións de Activa”, puntualiza Domínguez. A implicación e participación activa das empresas de diversa tipoloxía, en canto a súa actividade e tamaño, víronse incrementadas nesta quinta edición en gran número, colaborando coa realización de prácticas laborais (un total de 21 prácticas en empresas), que en moitos casos posibilitou a formalización de contratos.
Esta última edición iniciouse en outubro de 2020 e durante estes case 10 meses de traballo, Aemos levou a cabo un gran número de dinámicas e accións formativas, así como sesións de atención persoal ás 34 mulleres usuarias do programa.
No programa participaron directamente tres orientadores da organización, 16 docentes e varios colaboradores externos que favoreceron o desenvolvemento dos itinerarios de inserción propostos a cada unha das participantes. Ademais, incluíronse 19 cursos de formación, con máis de 1000 horas lectivas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES