sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia achégase aos 2.000 casos activos

Galicia achégase aos 2.000 casos activos

Arestora, son 1994 galego e galegas os que teñen a COVID-19, é dicir, 157 máis que na anterior xornada, segundo o SERGAS.

O gromo en COVID-19 que se orixinou nas viaxes de fin de curso ás Baleares e que afectou a 13 Comunidades Autónomas, entre as que se atopa Galicia, fai que os casos activos na comunidade aumenten ata achegarse aos 2.000 casos activos. En concreto, son 1994 positivos, 157 máis que na anterior xornada. É este un dos maiores aumentos deste ano.

A Área Sanitaria de Pontevedra é a que máis sobe nos casos activos con preto de medio cento máis:

• A Coruña: 574 (+30)

• Pontevedra: 367 (+46)

• Vigo: 328 (+31)

• Lugo: 224 (+2)

• Ourense: 229 (+30)

• Santiago: 190 (+14)

• Ferrol: 82 (+4)

En canto á presión hospitalaria, o número de persoas que precisan dos coidados intensivos por mor do virus baixa dos 10 e sitúase en nove pacientes nas UCI e aumenta en tres os que permanencen en camas convencionaís ata un total de 46.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES