viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra inaugura o seu banco LGTBIQ+ co alumnado de carpintería

Salvaterra inaugura o seu banco LGTBIQ+ co alumnado de carpintería

Salvaterra súmase ás reivindicacións do colectivo e aos actos conemorativos do Día do Orgullo «co fin de dar visibilidade e loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa», segundo o Concello.

O Día do Orgullo LGTBIQ+, 28 de xuño, celébrase en todo o mundo e Salvaterra de Miño quere ser participe aportando o seu gran de area con algúns xestos que, «aínda que queda camiño por percorrer, axudan a confiar nun futuo social máis xusto e tolerante» segundo apuntan dende o Concello. A casa consistoria luciá a bandeira e instalará un banco destinado a concienciar sobre a diversidade.

O concello desexa que «este banco permita facer visible e sirva de apoio á causa, pormovendo o respecto, a liberdade e a igualdade que persegue o colectivo LGTBIQ+». Amáis, considera que «debe ser un piar fundamental no desenvolvemento evolutivo dunha sociedade saneada, tolerante e adapatada aos novos tempos».

O banco, pintado coas cores da bandeira LGTBIQ+, foi creado polo alumnado de Carpintería do IES Salvaterra, «implicando á comunidade dun xeito directo en iniciativas tan importantes coma esta». Agradecen, así, o traballo ao persoal docente, equipo directivo e aos alumnos e alumnas.

Precisamente, no banco aparecen os normes de todos os participantes do proxecto, que foron alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Carpintería.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES