viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaImprescindibles e afectados da pandemia, protagonistas no Día da Rosa

Imprescindibles e afectados da pandemia, protagonistas no Día da Rosa

Unha sentida homenaxe á cadea humana da COVID-19 protagonizou o acto institucional do Día da Rosa en Mos

A Praza do Concello de Mos acolleu o acto institucional do Día da Rosa, único evento celebrado dentro da Festa da Rosa 2021, suspendida polo nivel máximo de incidencia da COVID-19 que recentemente afectou ao municipio. O acto comezaba co fallo do concurso de rosas en liña ‘As Nosas Rosas’ do que participaron un total de 270 fotografías, resultando gañador un holandés veciño de Moaña, John Van Schilt co seu traballo ““Reflejo. Echar sombras en tela”. En segunda posición quedou “Regamos e florecemos” de Sara Cabaleiro e no terceiro posto “Stop and smell the Roses” de Nerea Pereira. Foron premiados con vales para consumir en locais de hostalería mosense e cun kit de xardinería (xentileza de Leroy Merlin Mos).

Tralo fallo do certame oficiouse unha misa cantada polo Coro da Escola de Música de Mos na honra das persoas falecidas pola COVID-19 e a continuación chegou o pregón, precedido da actuación do cuarteto de Arpas da Escola de Música de Mos e da intervención da Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

Óscar Pereiro e Javier Guillén foron os encargados de ler o pregón

Os pregoeiros Óscar Pereiro e Javier Guillén tiveron palabras moi emotivas facendo referencia á pandemia e a todas as persoas que tanto sufriron durante esta crise sanitaria da COVID-19, a vez que tamén outras máis divertidas sobre a preparación conxunta da etapa 20 de La Vuelta 21 que terá meta en Mos, no Castro de Herville. A penúltima etapa de La Vuelta Ciclista a España 2021, Sanxenxo-Mos, foi integramente deseñada polo mosense Óscar Pereiro e dela sairá, case con total seguridade, o gañador da competición raíña do ciclismo no noso país.

Logo do pregón chegou o discurso da alcaldesa, Nidia Arévalo e a homenaxe á cadea COVID de sectores e colectivos imprescindibles e afectados pola pandemia, encabezados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en representación, xunto coa doutora do Centro de Saúde de Mos, Begoña Porritt, do sector sanitario.

Trala intervención do conselleiro, gran amante do ciclismo que ademais recibiu de mans de Pereiro e Guillén o maillot de Mos e o maillot oficial de La Vuelta, o acto concluíu co gaiteiro mosense Xulio Lorenzo interpretando os himnos de Mos (da súa autoría) e de Galicia

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES