sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta realiza un simulacro de incendio forestal en Salvaterra

A Xunta realiza un simulacro de incendio forestal en Salvaterra

Simulacro de incendio forestal en Salvaterra de Miño para «engraxar» o mecanismo de cara ao verán.

A Xunta de Galicia escolleu a Salvaterra de Miño para simular un incendio forestal que poidera afectar a nucleos de vivendas, para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia de Pontevedra este xoves. 

Ata alí trasladáronse o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e Pontevedra, Luis López e a alcaldesa, Marta valcárcel. Serían eles os encargados de poñer en marcha a activación da situación 2. É esta a que fai referencia a un incendio forestal que pode afectar a vivendas.

Máis dun cento de efectivos e medios terrestres e aéreos participaron no exercicio para comprobar a coordinación e mellorar a resposta dos operativos mobilizados amáis coa peculiaridade de que, pola situación xeográfica de Salvaterra, tamén interveñen operativos do outro lado da raia.

O simulacro baseouse nun suposto lume na beira dunha pista asfaltada que discorre dende o lugar de Ponte Cordeiro cara ao Sur, afectando ó núcleo de Ramallás e ó polígono Industrial de Salvaterra do Miño, que podería poñer en perigo este núcleo de vivendas.

No simulacro interveu persoal e medios do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif), brigadas contraincendios e motobombas, así como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), Bombeiros Municipais de Ponteareas, Bombeiros Comarcais do Porriño e Bombeiros Voluntarios de Monçáo, Garda Civil, Policía Autonómica, 061, persoal da subdelegación do Goberno e persoal e medios da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axega.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES